Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 0: Bibliometría. Presenza da UVigo en Google Académico: unha visión de xénero

O 8 de marzo comezou a súa andaina un novo boletín da Biblioteca Universitaria: Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo. Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida polas persoas que forman parte da Universidade de Vigo.

Neste primeiro boletín, o nº 0, ofrecemos información xeral sobre a bibliometría e o índice H e mais datos sobre a presenza da Universidade de Vigo en Google Académico cunha visión de xénero.

Boletín de impacto 0