Presentamos un novo número do boletín Impacto, dedicado nesta ocasión ás publicacións científicas da Universidade de Vigo en cifras. Este boletín ofrece un resumo do informe elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria sobre a presenza da Universidade de Vigo nas bases de datos Web of Sciences (WOS) e Scopus entre os anos 2008 e 2017, con especial atención ás publicacións de 2017.
Achegamos ademais dous resumos gráficos:
E por último, dámos a coñecer unha das principais tarefas desta área da Biblioteca: a elaboración de estudos e informes bibliométricos sobre as publicacións científicas do persoal da universidade.