Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 6: A violencia de xénero nas publicacións científicas

Co gallo do 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e das actividades organizadas pola Unidade de Igualdade coa colaboración da Biblioteca Universitaria, Bibliolab, presentamos número 6 do boletín Impacto que recolle os datos máis relevantes obtidos nun estudo sobre a presenza da violencia de xénero nas publicacións científicas. Este estudo pódese consultar na páxina de Informes e estudos bibliométricos da Biblioteca Universitaria de Vigo.