Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 5: Número de citas e impacto normalizado

Presentamos un novo número do boletín Impacto, dedicado ao número de citas e o impacto normalizado acadados polos artigos publicados polos membros da Universidade de Vigo entre 2008 e 2019 e indexados en WOS.

Ademais dunha breve referencia ao uso do número de citas como indicador bibliométrico, achegamos:

  • para cada ámbito temático, o artigo que acadou un número de citas máis elevado en WOS 
  • a distribución relativa das citas recibidas polos artigos segundo o ámbito temático no que están clasificados os artigos citados
  • para cada ámbito temático, a distribución dos artigos segundo o impacto normalizado (CNCI) acadado en WOS

A información que ofrecemos neste boletín é unha escolma dun estudo elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos, que está accesible na guía de Informes e estudos bibliométricos da Biblioteca Universitaria. 

Boletín impacto 5