Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 7: A sinatura científica, a filiación e os identificadores persoais

Presentamos un novo número do boletín Impacto, dedicado á sinatura científica, filiación e identificadores persoais. Neste boletín centrámonos na relevancia que ten a sinatura científica para a posterior recuperación das publicacións da Universidade de Vigo e dos seus membros nas bases de datos bibliográficas e outras fontes de información. É importante que o persoal investigador empregue unha sinatura científica que garanta a correcta recuperación e a visibilidade das súas publicacións nas fontes de información.

Os centros de investigación da Universidade de Vigo están agora identificados en Web of Science (WOS) e Scopus con entidade propia, de tal xeito que xa é posible recuperar e analizar as súas publicacións de xeito independente ao resto das publicacións da Universidade de Vigo. Para que as bases de datos recuperen as publicacións dos centros de investigación, cómpre que nas publicacións científicas os autores e autoras que forman parte destes centros os identifiquen na súa sinatura científica.