O número 2 de Impacto: Boletín de Información Bibliométrica da Universidade de Vigo está dedicado ao acceso aos artigos científicos: como facer para ler ou descargar un artigo que a priori non é gratuíto?
Neste número queremos destacar dous dos servizos de apoio á investigación que presta a Biblioteca Universitaria para dar resposta a esta necesidade: as subscricións a revistas científicas e o préstamo interbibliotecario. Sabías que, no curso 2017/2018, o 45% dos artigos que a Biblioteca conseguiu mediante préstamo interbibliotecario chegaron á persoa solicitante en 1 día dende o momento da súa solicitude? E que o 88% dos artigos chegaron en menos de 6 días?
