Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 9: atlanTTic, CIM-UVigo, Cinbio e Cintecx nas bases de datos

Os centros de investigación da Universidade de Vigo están identificados en Web of Science (WOS) e en Scopus como institucións para que poidamos recuperar e analizar as súas publicacións de xeito independente ás do conxunto da universidade. Quixemos comprobar en que medida as publicacións destes centros están correctamente identificadas en WOS.

O resultado amosa que son moitos os artigos publicados por membros dos centros de investigación que non están identificados como tales en WOS.