Presentamos un novo número do boletín Impacto, dedicado ás persoas destacadas por Clarivate Analytics como as máis altamente citadas en Web of Science: Highly Cited Researchers 2018.
Neste boletín explicamos brevemente que é esta relación de investigadorese investigadoras altamente citados e destacamos tres aspectos que consideramos relevantes:
- A distribución xeográfica das institucións para as que traballan estas persoas altamente citadas: o 43.9% pertencen a Estados Unidos, o 9% ao Reino Unido e o 7.9% a China. A continuación, os países con máis de 100 Highly Cited Researchers son Alemaña (356), Australia (245), Holanda (189), Canadá (166), Francia (157), Suíza (133) e España (115).
- A presenza de mulleres na relación de Highly Cited Researchers é moi minoritaria. Se temos en conta as persoas que traballan en institucións de Europa, Estados Unidos e Canadá, a porcentaxe de mulleres supón só o 15% do total.
- España e Portugal contan con Highly Cited Researchers en 18 dos 21 ámbitos ESI (Essential Science Indicators, unha ferramenta de Clarivate para a análise das publicacións). Os campos nos que non está presente ningunha persoa vinculada a institucións españolas ou portuguesas son: Biology & Biochemistry, Immunology e Space Science.
