Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 11: As publicacións da Universidade de Vigo en acceso aberto

Co gallo da Semana do Acceso Aberto 2021 a Área de Servizos Bibliométricos da Universidade de Vigo elaborou un estudo sobre a evolución das publicacións da universidade en acceso aberto nos últimos dez anos.

Ofrecemos neste boletín un resumo dese estudo, no que ofrecemos datos de número e porcentaxe de publicacións en aberto, os ámbitos temáticos nos que a porcentaxe é maior e as revistas nas que máis artigos publicaron en aberto os membros da Universidade de Vigo. Incluímos gráficas de evolución das publicacións, editoriais e impacto.