Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

Este boletín ten como obxectivo achegar ao persoal investigador e á sociedade datos bibliométricos relacionados coa literatura científica producida pola UVigo

Impacto 10: Investigadoras da noite. Publicacións científicas sobre astronomía e astrofísica

A Área de Servizos Bibliométricos da Universidade de Vigo realizou un estudo sobre as publicacións científicas sobre astronomía e astrofísica, con especial atención ás asinadas por membros da Universidade de Vigo. Este estudo baséase nas publicacións indexadas en Web of Science (WOS) e na base de datos SAO/NASA Astrophysics Data System (ADS). Ofrecemos aquí unha selección dos datos obtidos nese estudo.

Este boletín, ademais, forma parte das exposicións e actividades que organiza a Biblioteca para a Noite das Persoas Investigadoras (G-Night), que se celebra o 24 de setembro de 2021.