Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Mulleres e feminismo

Guía de recursos de información sobre estudos de mulleres e feminismo

Inicio

O 20 de xullo de 2020, a Universidade de Vigo adheriuse ao Manifesto Bibliotecas en Igualdade, unha iniciativa promovida pola asociación para a igualdade de mulleres e homes na cultura, Clásicas y Modernas.
Entre os compromisos asumidos pola Universidade de Vigo coa adhesión a este manifesto está tratar de activar nas súas bibliotecas unha mirada crítica con perspectiva de igualdade. 

Esta guía axudarache a comezar a túa investigación e atopar as mellores fontes de información académica sobre mulleres e feminismo. Con estes recursos, seleccionados polo persoal da biblioteca, poderás:

  • Identificar e localizar libros, revistas e outros recursos interesantes a través do Buscador Perseo.
  • Acceder a bases de datos multidisciplinares e especializadas nas que atopar as investigacións máis relevantes.
  • Coñecer sitios web útiles e outros recursos de información de acceso aberto.
  • Aprender a citar e referenciar correctamente a bibliografía empregada nun traballo académico ou científico.