Igual que no caso dos libros impresos temos dúas opcións de procura, a simple e a avanzada. Lembra que a busca avanzada é a indicada para realizar buscas máis precisas.
Introduce os termos na caixa de busca e escolle a opción "Recursos electrónicos”.

A continuación na páxina de resultados filtra por "Tipo de recurso" e selecciona "Libros".

1. Marca a opción "Recursos electrónicos".
2. Nos filtros de busca escolle o campo (autor, tema, título etc.) e introduce os termos.
3. En "Tipo de materia" selecciona "Libros".


Colección temática multidisciplinar de libros electrónicos publicados por diferentes editoriais.
Acceso a libros electrónicos de diferentes ámbitos temáticos.
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Proporciona acceso a revistas e libros da editorial Springer dunha ampla gama de disciplinas temáticas.
Colección de libros electrónicos da UNE (Unión de Editoriales Universitarias Españolas). Contén máis de 12 000 títulos publicados polas editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois asociados.