Clásicas y Modernas, Asociación para la Igualdad de Mujeres y Hombres en la Cultura
Páxina creada pola asociación Cásicas y Moderna, formada por profesionais da literatura, o xornalismo, a música, o teatro, o cinema... para analizar o panorama cultural e reflexionar sobre as asimetrías do protagonismo feminino con respecto ao masculino en diversas disciplinas artísticas.
Didáctica 2.0 Museos en femenino
Proxecto centrado nas mulleres na arte. Ofrece os itinerarios de varios museos participantes (Museo do Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Arqueolóxico Nacional, Museo Nacional de Cerámica González Martí e Museo do Traxe), así como o acceso ás guías docentes correspondentes. Preséntase como un instrumento de utilidade divulgadora e docente para orientar a análise da arte desde a perspectiva de xénero.
Mujeres en la música, Asociación Mujeres en la Música
Páxina creada pola Asociación Mujeres en la Música para potenciar, divulgar e promocionar a presenza das profesionais da música, na historia e na actualidade. Abarcan todo tipo de campos musicais e artísticos: composición, interpretación, musicoloxía, pedagoxía, xestión cultural etc.
MAV: Mujeres en las Artes Visuales
Web da asociación Mujeres en las Artes Visuales que reúne información e contidos relacionados con mulleres de todos os ámbitos das artes desde o activismo feminista.
El Prado en femenino, Museo del Prado
Proxecto do Museo del Prado que xorde co propósito de visibilizar o papel da muller no mundo da arte, xa sexa como artífice, patroa e coleccionista ou como suxeito da mirada masculina. Esta páxina reúne múltiples recursos a través de exposicións monográficas e itinerarios pola colección permanente do museo, de reunións científicas, congresos, conferencias e bolsas especializadas no seu Centro de Estudos.
A Coruña das mulleres, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Páxina que reúne fondo documental, gráfico e audiovisual para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina da cidade da Coruña.
Do gris ao violeta, Concello de Pontevedra
Web que reúne textos, nomes, vidas, fotografías, sons, novas… para a difusión da historia das mulleres no ámbito territorial do concello de Pontevedra, organizada en tres grandes ámbitos: as mulleres de clase traballadora, as creadoras e as represaliadas polo franquismo.
Historia das nosas mulleres ourensás, Rosa M. Cid Galante
Blog para dar a coñecer mulleres ourensás que tiveron relevancia pola súa traxectoria vital e deixaron pegada na historia.
Historia de las mujeres, Europeana
Colección de acceso dixital a material histórico europeo sobre mulleres destacadas e a súa obra ao longo da historia. Clasificadas por ámbitos temáticos: sociedade, activismo e política, deporte, poetas e prosa, escritoras de non ficción, arte, moda, artes escénicas, pioneiras, fotografía, ciencia e inventos, situacións de aprendizaxe sobre as mulleres.
Mujeres en la memoria, Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico
Colección que abarca desde o século XII ao século XXI, dividida en dous grandes fondos: un primeiro fondo de obras de carácter bibliográfico, entre as que atopamos obras desenvolvidas por mulleres ou sobre elas; e un segundo fondo de obras de carácter gráfico, constituído na súa maioría por un amplo número de retratos dalgunhas das grandes figuras femininas da historia universal.
Mujeres y archivos, Ministerio de Cultura
Iniciativa para dar visibilidade ao labor de difusión que fan os arquivos estatais sobre o papel que as mulleres xogaron e xogan na historia de España. Mediante diversas vías de difusión danse a coñecer non só os nomes desas mulleres senón tamén unha contextualización das sociedades que habitaron e o importante papel que xogaron nelas. Recóllense os seguintes proxectos: Arquivos Estatais en Feminino, Mujeres Investigadoras, Universitarias: Pioneiras nas aulas, Editatonas nos Arquivos Estatais.
Autoras españolas en la BNE, Biblioteca Nacional de España
Guía bibliográfica ata 1941. Ábrese cunha introdución que permite contextualizar a evolución da escritura feminina en España desde as súas orixes ata o século XVIII, seguida por unha ampla bibliografía sobre as obras destas autoras representadas no catálogo da BNE. A segunda parte ocúpase das escritoras do século XIX e ata 1941. Premendo nos títulos das obras pódese acceder ás versións dixitalizadas na Biblioteca Dixital Hispánica ou na súa falta ao rexistro do catálogo.
Escritoras em português
Catálogo en liña que ofrece información sobre as escritoras portuguesas activas na esfera cultural portuguesa antes de 1900. O uso da palabra portugués neste contexto debe entenderse nun sentido amplo, tan amplo como os límites políticos, xeográficos e lingüísticos da esfera cultural portuguesa e as súas diferentes configuracións entre 1490 e 1900. Esta comprensión ampla implica a inclusión de escritoras nadas en Brasil, África ou India durante a dominación portuguesa.
Escritoras españolas en la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Portal temático sobre autoras en lingua castelá que loitaron contra os convencionalismos sociais da súa época. A páxina trata de dar luz a estas voces femininas e rescatar as súas obras máis representativas. Mostra a cronoloxía da súa historia e un catálogo de estudos que a crítica dedicou á literatura escrita por mulleres en España, así como espazos individuais ás autoras máis destacadas. Tamén se pode acceder a unha galería de imaxes relacionadas, entre outros materiais.
A Sega. Plataforma de crítica literaria feminista
Plataforma de crítica literaria feminista galega. Sen facer distinción de xéneros, épocas, estándares ou novidade, mais cun afán claramente visibilizador de textos que se impulsan ás marxes ben co silencio ou ben con lecturas nesgadas e cargadas de bagaxes patriarcais.
Voices from the Gaps, University of Minnesota
Sitio web organizado polo departamento de inglés da Universidade de Minnesota para destacar e compartir as obras de escritoras marxinadas, principalmente mulleres asiáticas, negras, latinas e nativas que vivían e traballaban en América do Norte. Pódese buscar por autora, título da obra, o período no que viviu ou a etnia coa que se identificaba e tamén explorar polas subcolecciones: Páxinas de Artistas, Ensaios e Recensións, Entrevistas e Materiais Didácticos.
Victorian Women Writers Project (VWWP), Indiana University
O Proxecto de Escritoras Victorianas (VWWP) fundouse na Universidade de Indiana e céntrase principalmente na divulgación de escritoras británicas menos coñecidas do século XIX. A colección abarca unha ampla gama de xéneros: poesía, novela, libros infantís, panfletos políticos, tratados relixiosos, obras históricas e máis. O VWWP contén unha gran cantidade de autoras, tanto prolíficas como excepcionais.