Col·lectiu Punt 6. Urbanismo feminista
Cooperativa de traballo asociado formada por arquitectas, sociólogas e urbanistas de procedencias diversas. A páxina contén proxectos, servizos, noticias e publicacións dirixidas a repensar os espazos domésticos, comunitarios e públicos desde una perspectiva feminista.
Mujer e ingeniería, Real Academia de Ingeniería
Web do Proxecto “Mujer e ingeniería”, creado para disolver a fenda de xénero en enxeñaría e dar solución á escaseza preocupante de mulleres no ámbito da ciencia e a tecnoloxía. Contén información sobre iniciativas, programas, eventos etc.
Mujeres Ingeniosas: la ingeniería en femenino, Universidad de Castilla-La Mancha
Grupo multidisciplinar de personal docente e investigador da UCLM, enxeñeiras do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Ciudad Real, así como docentes de centros públicos de primaria e secundaria de Castilla-La Mancha. O propósito desta iniciativa, financiada pola FECYT, radica en incentivar a vocación polo estudo das enxeñarías entre as nenas e adolescentes. A páxina contén recursos divulgativos e información sobre actividades.