Álbum de mulleres | CDIF
Espazo destinado a recuperar e facilitar o acceso á información, datos, voces, imaxes, escritas, traballos e traxectorias de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia. Configúrase con: Mulleres no Álbum de Galicia, Colectividades e organización, Cartografías, Monografías temáticas e Liñas do tempo.
Aquí faltan páxinas | Deputación de Pontevedra
Colección de relatos sonoros onde se narran episodios fundamentais protagonizados por mulleres que nalgún momento da súa traxectoria vital ou profesional tiveron relación coa provincia de Pontevedra. Periodicamente publícase un podcast que se presenta a través de faladoiros nos que participan persoas expertas ou próximas na vida destas mulleres.
Mujeres en Red, el periódico feminista
Espazo virtual de referencia en contidos de xénero, comprometido co intercambio de información e activismo feminista. Reúne información de actualidade sobre unha gran variedade de temáticas relacionadas coas mulleres de todo o mundo.
Proyecto I+D+I: La «Manosfera» en redes sociales. Produsage cultural para revertir los estigmas de género y la cultura del odio (2023- 2027) | UCM
Proxecto de investigación cun eixo vertebrado entre España-Portugal-Brasil. Pártese de que a Manosfera - neoloxismo que fai referencia a aquelas comunidades en liña que promoven a misoxinia, os estigmas de xénero e a cultura do odio- supón un problema internacional que ha de ser denunciado e combatido a partir da sensibilización e formación. A páxina reúne publicacións e accións complementarias, de difusión e divulgación vinculadas ao proxecto.
A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGTBIQ+ | CCG
Proxecto conxunto do Consello da Cultura Galega, a través do seu Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) e ADHUC Teoria, Gènere, Sexualitat da Universitat de Barcelona. O obxectivo do proxecto é dixitalizar e deixar dispoñibles na rede diversas publicacións periódicas e documentación relacionada cos movementos feministas e LGTBIQ+. As publicacións periódicas dixitalizadas pódense consultar directamente na web.
Wikimujeres
Grupo de usuarias de Wikipedia preocupadas pola diversidade e a neutralidade da Wikipedia e dispostas a traballar para a brecha de xénero e culturas que existe na enciclopedia máis consultada na internet. A Web ofrece información sobre Mujeres no movemento Wikimedia: actividades, editatonas, ferramentas…