Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Mulleres e feminismo

Guía de recursos de información sobre estudos de mulleres e feminismo

Ciencias

  • AMIT, Asociación Española de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas 
    Páxina da asociación AMIT integrada por investigadoras e tecnólogas de disciplinas variadas, procedentes de universidades, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a industria. Reúne recursos e información de interés sobre lexislación, normativa e publicaciónss referidas ás mulleres e á ciencia.
  • Mujeres con ciencia, Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU
    Blog que nace co obxectivo de mostrar o que fan e fixeron as mulleres que se dedicaron e dedican á ciencia e á tecnoloxía. Reúne biografías, entrevistas, eventos, efemérides e todo tipo de crónicas ou feitos relevantes.
  • Oceánicas: la mujer y la oceanografía, CSIC 
    Plataforma para a divulgación do traballo de científicas dedicadas ao estudo dos océanos e poñer en valor o legado das mulleres pioneiras da oceanografía. Contén os blogs: Oceánicas de hoxe, Oceánicas pioneiras, Oceánicas blogueiras. 
  • Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, Xunta de Galicia
    Páxina da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, órgano colexiado de asesoramento, elaboración de informes e recomendacións. A páxina recolle recursos, novas, actividades e información sobre o Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente desde o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

Ciencias da saúde

  • Observatorio de Salud de las Mujeres (OSM), Ministerio de Sanidad 
    Páxina do OSM que reúne información sobre o traballo deste órgano de asesoramento e análise, con 4 áreas de intervención: transversalidade de xénero, violencia contra as mulleres; saúde sexual e reprodutiva e formación.
  • WOMEDS: WOmen in MEDicine in Spain 
    O proxecto WOMEDS (Women in Medicine in Spain) é un observatorio que monitoriza as áreas de mellora na representación das mulleres nas posicións de liderado na medicina española. Analiza catro ámbitos da profesión médica: asistencial, investigación, representación científico-profesional e carreira académica. Contén noticias e estatísticas de liderado feminino en medicina.