Para localizar as teses de doutoramento da Universidade de Vigo podes empregar dúas fontes propias: Investigo e Perseo.
Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador, e polo tanto recolle tamén:
Para saber como buscar en Investigo, podes consultar a axuda de investigo, no apartado "Buscar e Atopar".
Consulta esta selección de teses de doutoramento en Investigo sobre feminismo.
No buscador Perseo podes localizar as teses da Universidade de Vigo anteriores a 2017. Algunhas poderás levalas en préstamo, pero as teses inéditas (non publicadas), que están depositadas e custodiadas no Arquivo Universitario, están excluídas do préstamo e para a súa consulta en sala precisas encher un formulario de compromiso de non reprodución e de cita da fonte.