Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Mulleres e feminismo

Guía de recursos de información sobre estudos de mulleres e feminismo

Comunicación e publicidade

  • CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales
    Páxina da asociación que contén información sobre programas e noticias relacionadas con mulleres profesionais do medio audiovisual, cunha mirada igualitaria e feminista.
  • Mujeres y cine, rede de investigadoras para o estudo da muller no sector audiovisual
    Web na que colaboran investigadoras e xestoras culturais internacionais que se dedican tanto aos estudos e investigacións de mulleres que traballan en cinema como á promoción das súas obras. MYC difunde os coñecementos adquiridos, contribuíndo a unha maior visibilidade das mulleres cineastas máis aló do seu contexto nacional.
  • Observatorio de la Imagen de las Mujeres, Instituto de las Mujeres 
    Ferramenta de participación cidadá encargada de velar polo tratamento non sexista da imaxe das mulleres na publicidade, os medios de comunicación, internet ou calquera outra forma de promoción e difusión educativa, cultural ou recreativa. O seu obxecto é analizar a representación das mulleres na publicidade e nos medios de comunicación, ver cales son os roles máis significativos que se lles atribúen e, no caso de que estes sexan sexistas, realizar accións que contribúan a suprimir as imaxes estereotipadas.

Educación

  • Educando en igualdade: blog de recursos para traballar a igualdade nos centros educativos 
    Blog creado por un grupo de profesionais de diferentes niveis de ensino que reúne materiais e recursos para traballar co alumnado de infantil, primaria e secundaria o tema da educación para a igualdade de homes e mulleres.
  • Igualdade, Consellería de Cultura, Educación e Universidade 
    Portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que ofrece información de interese para abordar a coeducación no ámbito educativo e recursos que axuden a traballar a igualdade.
  • Secretaría da Muller do STEG, Sindicato de Traballadoras e Traballadores de Ensino de Galiza 
    Páxina con numerosos recursos e información variada para traballar o tema da igualdade nas aulas dos niveis de primaria, secundaria e bacharelato.

Dereito

  • Themis, Asociación de Mujeres Juristas
    Páxina desta organización non gobernamental sen ánimo de lucro, integrada por licenciadas en dereito, avogadas, procuradoras, xuízas, maxistradas e letradas da administración de xustiza. Reúne noticias, publicacións, propostas normativas e lexislativas…
  • Mujeres por Derecho, Fundación Aranzadi LA LEY pola igualdade real no sector xurídico
    Sección dentro do portal de noticias Legal Today e outros medios de Aranzadi LA LEY. Por medio de artigos de opinión, entrevistas e debates, decenas de profesionais achegan mes a mes a súa visión sobre as fendas que aínda perduran, pero tamén sobre os logros en materia de igualdade acadados nos últimos anos.

Administración e dirección de empresas

  • FEDEPE, Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias 
    Páxina da asociación que recolle información, estatísticas, noticias, premios… sobre mulleres que traballan en múltiples sectores empresariais.