Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Mulleres e feminismo

Guía de recursos de información sobre estudos de mulleres e feminismo

Axenda 2030

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible é un programa impulsado polas Nacións Unidas e un compromiso global de 193 países, adoptado o 25 de setembro de 2015. O seu obxectivo principal é velar pola protección das persoas, o planeta e a prosperidade. 

Conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e con 169 metas, que abranguen as diferentes esferas económica, social e ambiental. O ODS 5 está dedicado a “Lograr a igualdade de xénero e empoderar todas as mulleres e as nenas” e contén metas específicas para a súa implementación. 

As seguintes ligazóns ofrecen información sobre o compromiso da comunidade internacional pola igualdade de xénero, que se reflicte de forma transversal no resto dos ODS: