Perseo é a ferramenta de descubrimento da Biblioteca que permite buscar en toda a súa colección, tanto impresa como electrónica, documentos de diferentes tipos: libros, revistas, capítulos de libro, artigos de revistas, teses etc., susbscritos pola UVigo ou de acceso aberto.

A Perseo podes acceder directamente no enderezo https://perseo.uvigo.gal ou desde a web da biblioteca no apartado "Atopar información".
Nesta caixa podes lanzar una busca simple en Perseo, pero recomendámosche consultalo directamente para poder empregar todas as opcións de busca.
Estes son algúns termos de materia que se poden utilizar en Perseo para recuperar documentos sobre eses temas:
Neste vídeo tes unha pequena introdución a Perseo e os distintos tipos de buscas que podes facer.
Vídeo: “Buscador Perseo”. Duración: 7:23 min. (Biblioteca Universitaria de Vigo)
Para saber máis sobre todas as posibilidades que che ofrece este buscador, consulta a Guía de Perseo.