O 20 de xullo de 2020, a Universidade de Vigo adheriuse ao Manifesto Bibliotecas en Igualdade, unha iniciativa promovida pola asociación para a igualdade de mulleres e homes na cultura, Clásicas y Modernas.
Entre os compromisos asumidos pola Universidade de Vigo coa adhesión a este manifesto está tratar de activar nas súas bibliotecas unha mirada crítica con perspectiva de igualdade.
Esta guía axudarache a comezar a túa investigación e atopar as mellores fontes de información académica sobre mulleres e feminismo. Con estes recursos, seleccionados polo persoal da biblioteca, poderás: