Na actualidade están vixentes, na Universidade de Vigo, acordos transformativos asinados con varias editoriais para financiar a publicación en acceso aberto.
O CISUG (Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia), formado polas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, e a Xunta de Galicia, asinou acordos transformativos coas editoriais Cambridge University Press e Oxford University Press.
A CRUE-CSIC, coa colaboración do CISUG, asinou acordos transformativos coas editoriais: Elsevier, Wiley, Springer, ACS (American Chemical Society), RSC (Royal Society of Chemistry) e IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).
Ademais, a Universidade de Vigo ten un acordo coa ACM (Association for Computing Machinery).
Ademais dos acordos transformativos, existen outros modelos editoriais que permiten publicar en acceso aberto sen custe. É o caso de SCOAP3 (Sponsoring Consortium for Open Access Publishing in Particle Physics) e de editoriais que ofrecen descontos para publicar en acceso aberto con condicións diferentes segundo os casos, por exemplo, a editorial MDPI.
Os acordos transformativos son contratos negociados entre as bibliotecas ou consorcios de bibliotecas e as editoriais que transforman o modelo actual de negocio da publicación de revistas académicas. Caracterízanse por usar os fondos tradicionalmente destinados ás subscricións (pagar para ler) a un novo modelo no que, ademais de pagar para ler, inclúe o prezo de publicar en acceso aberto (Article Procesing Charges ou APC). É o que se coñece como Read & Publish agreements.
Este tipo de acordos inscríbense no marco dos cambios que a Ciencia Aberta (Open Science) implica para o desenvolvemento da comunicación científica. O seu obxectivo é acelerar a transición cara ao acceso aberto (OA), facilitar o cumprimento dos requirimentos das axencias financiadoras e incrementar a visibilidade da investigación.
As súas características segundo ESAC (Efficiency and Standards for Article Charges) son:
ESAC mantén un rexistro no que se recollen os acordos transformativos a nivel internacional.