Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

Oxford University Press

As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron en decembro de 2020 un contrato coa editorial Oxford University Press (OUP) que dá acceso á colección completa de revistas OUP e ademais ofrece a posibilidade de publicar en acceso aberto en máis de 300 revistas do seu catálogo sen ter que pagar os APC (Article Processing Charges). Trátase dun acordo do tipo Ler e Publicar (Read & Publish).

Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo/CISUG.

Características do acordo

  • Tipoloxía documental: artigo de investigación (research articles, review article, case report, brief report). Iinclúense as tipoloxías considerables citables polo JCR-Article and Review
  • Tipoloxía de fonte: revistas Hybrid e Fully Open Access
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo: 1/1/2025 a 31/12/2025
  • Cobertura do custo dos APCs: 100% do custo do APC
  • Cobertura de número de artigos: número ilimitado
  • Tipos de licenza Creative Commons: CC-BY, CC-BY-NC, CC-BY-NC-ND

Instrucións para as/os autoras/es

Envío do manuscrito á editorial

  1. Cando o manuscrito é aceptado, o/a autor/a recibe unha mensaxe de correo electrónico cunha ligazón ao sistema online de licenciamento e pago de APC, SciPris.
  2. Accede ao sistema cun usuario de Oxford Academic Journal ou rexistra unha nova conta.
  3. Selecciona a licenza creative commons axeitada e confirma o acordo de copyright.
  4. Escolle a opción "Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)" no despregable “Open Access Prepayment Account”.
  5. Revisa a túa solicitude antes de enviala. Recibirás un correo da Universidade de Vigo confirmado ou rexeitando o pago do APC. En caso de denegación, poderás efectuar o pago por outros medios.