Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

ACS, American Chemical Society

editoriais con descontos

As tres universidades galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC coa editorial ACS, American Chemical Society ata o ano 2027, que permite a lectura e a publicación en acceso aberto nas revistas do seu catálogo.

Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo/CISUG.

Características do acordo:

  • Tipoloxía documental: artigos
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas e OA, incluída a revista ACS Omega
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo ata o 31/12/2027 (en 2025, desde o 1 de xaneiro ata a formalización do contrato, posible apertura retoractiva dos artigos publicados)
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC 
  • Cobertura de número de artigos: número ilimitado
  • Tipos de licenza: Creative Commons: CC-BY

Instrucións para as/os autoras/es

Se o manuscrito é aceptado para a súa publicación, recibirás un correo electrónico de ACS cunha ligazón para completar o Journal Publishing Agreement (JPA). Se queres publicar en acceso aberto, preme no botón Order Open Access para dirixirte ao CCC RightsLink (plataforma onde podes solicitar financiamento a través da túa institución para o pago da APC).

  1. Na pantalla Funding Options, selecciona a opción "APC Funding available through ACS Univesity".
  2. Na seguinte pantalla, Available Charges, comproba que o total dos cargos é igual a cero dólares.
  3. Personal information, engade os datos de identificación persoal (nome, apelidos, correo-e...)
  4. Order Review, verifica toda a información antes de aceptar os termos e condicións de ACS e, se todo é correcto, preme no botón Submit Request.

Cando a túa institución aprobe ou rexeite a túa solicitude, recibirás unha notificación por correo electrónico. O artigo publicado indicará a licenza de uso público seleccionada para que os/as lectores/as saiban que é de acceso aberto.

Vídeo: ACS Journal Publishing Agreement assistant and CCC RightsLink .4:32 min.