Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

Cambridge University Press

As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron en decembro de 2020 un contrato coa editorial Cambridge University Press (CUP) chamado "Read & Publish" que da acceso á colección completa de revistas e ofrece a posibilidade de publicar en acceso aberto en máis de 300 revistas do seu catálogo sen ter que pagar os APC (Article Processing Charges).

Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo/CISUG.

Características do acordo para publicar en acceso aberto:

  • Tipoloxía documental: artigo de investigación (research article, review article, rapid communication, brief report, case report)
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas e revistas de acceso aberto Fully OA
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo: do 01/01/2025 ao 31/12/2025
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC 
  • Cobertura de número de artigos: número ilimitado
  • Tipos de licenza: Creative Commons: CC-BY, CC-BY-NC, CC-BY-NC-ND, CC-BY-NC-SA. Máis información sobre licenzas

Instrucións para as/os autoras/es

Envío do manuscrito á editorial:

  1. Unha vez que o teu traballo foi aceptado recibirás un correo con instrucións; completa e envía o acordo de publicación en acceso aberto da revista e escolle a licenza Creative Commons.
  2.  Se o corresponding author está correctamente identificado, a plataforma de pago de Cambridge, Rightslink (plataforma onde se realiza o pago das APC para a publicación en acceso aberto), vaino identificar automaticamente como beneficiario/a dos acordos.
  3. A biblioteca procederá a autorizar o pago, ou denegalo en caso de non cumprires algún dos requisitos.
  4. Recibirás un correo de Rightslink confirmando o pago da APC.