Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

Requisitos e compromisos para solicitar o financimento

Para solicitar o financiamento para a publicación de artigos en acceso aberto a través dos acordos transformativos asinados coas diversas editoriais, exísese o cumprimento dunha serie de requisitos e compromisos por parte das persoas autoras das publicacións.

Requisitos:

  • Ter un artigo aceptado para a súa publicación con algunha das editorias coas que a Universidade de Vigo ten acordo, durante a duración do dito acordo.
  • O autor ou a autora de correspondencia (corresponding author) do artigo obxecto de financiamento debe ser membro da Universidade de Vigo e empregar o correo institucional da universidade coas extensións uvigo.gal ou uvigo.es.
  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo para a normalización da sinatura científica da Universidade de Vigo.

Compromiso:

  • As/os autoras/es depositarán unha copia da versión publicada no repositorio institucional da Universidade de Vigo, Investigo, para incrementar a súa visibilidade e garantir a súa preservación a longo prazo.

Recomendación:

  • As publicacións deben levar un texto de agradecemento mencionando a Universidade de Vigo ou a Universidade de Vigo/CISUG, segundo corresponda (consulta nesta guía as características do acordo para cada editorial).

Procedemento e xestión de financiamento de APC

  • A Universidade de Vigo non establece un límite para as APC que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación, máis alá do número máximo de APC que lle corresponde á universidade segundo establecen os propios acordos.
  • No caso de que un acordo estableza limitación nos pagos das APC, o criterio de aceptación será a orde de chegada das solicitudes ata acadar os tokens de APC dispoñibles. Cando os fondos se esgoten, o pago da APC non quedará cuberto polo acordo para a publicación en acceso aberto.
  • Os/as autores/as deben ter en conta que o custo por exceso de páxinas, gráficos en cor ou calquera outro extra de edición non está cuberto polos acordos.
  • Non se poden utilizar os créditos para publicar eBooks.
Biblioteca da Universidade de Vigo é a encargada de xestionar as solicitudes. Neste sentido, contactará coas persoas solicitantes para confirmarlles a aceptación ou denegación do cargo da APC.