Acordos transformativos, tamén coñecidos como "Read & Publish agreements": son contratos entre institucións e editoriais que teñen como finalidade transformar o modelo de negocio sobre o que se sustenta a edición académica, pasando dun modelo de subscrición a outro no que as editoriais reciben un prezo polos servizos de edición en acceso aberto. A principal característica dos acordos transformativos é que se pasa de pagar por acceder aos contidos (a lectura) a pagar por publicar en acceso aberto sen custo adicional.
APC, Article Processing Charges, tamén coñecida como “taxa de publicación”: é un cargo polo procesamento de artigos que algúns editores cobran por publicar nunha revista de acceso aberto ou nunha revista híbrida. Esta tarifa pode ser pagada polo/a autor/a, pola institución ou polo organismo financiador da investigación.
Autor de correspondencia ou corresponding author: é a persoa que supervisa o manuscrito e a correspondencia durante o proceso de publicación, dende correccións de manuscritos e corrección de probas, ata o tratamento das revisións e remisión dos manuscritos revisados ata a súa aceptación.
Licenzas creative commons: son licenzas públicas, libres e gratuítas, que permiten conservar os dereitos de autor/a e comunicar dunha forma xeral e clara as condicións de uso e reutilización das súas obras. Máis información na nosa guía Licenzas Creative Commons.
Revista híbrida: é unha revista de subscrición na que algúns dos artigos son de acceso aberto. O editor da revista ofrece aos autores/as a opción de facer que o seu artigo individual sexa de acceso aberto inmediato tras o pago dun cargo polo procesamento do artigo (tamén coñecido como APC).
Revista Gold open access o Fully OA:son revistas nas que todos os artigos se publican en acceso aberto e a maioría require aos autores/as o pago dunha tarifa por publicar (tamén coñecido como cargo de procesamento de artigos ou APC).
Transformative journal: son revistas híbridas ou de subscrición que se comprometen a realizar a transición a unha revista de acceso aberto Gold OA.
Token:en ingles "ficha", nos acordos transformativos representa a unidade de valor emitida por una editorial para pagar o APC.