
As tres universidades galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC e a editorial Springer Nature que permite a lectura da colección de revistas incluídas en Springer Nature e a publicación en acceso aberto nas revistas híbridas do catálogo de Springer-Adis. Quedan excluídas do acordo as publicacións de Nature Journals, Academic Journals e Palgrave.
Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo/CISUG.
Características do acordo:
Envío do manuscrito á editorial.
a) Unha vez que o teu traballo foi aceptado, se o corresponding author está correctamente identificado, recibirá un correo electrónico de SpringerNature con instrucións para completar o acordo de publicación.
b) Unha vez identificado o autor ou autora, debes buscar e seleccionar a Universidade de Vigo dentro do despregable para que a identificación funcione. Aparecerá unha xanela emerxente con información sobre o acordo transformativo, tipo de artigo elixible e tipos de licenza.
c) A biblioteca autorizará ou denegará o pago da APC (en caso de non cumprires algún dos requisitos), e comunicarache esta circunstancia por correo electrónico.
d) Se o pago do APC é aceptado, o/a autor/a debe elixir o tipo de publicación: OA ou baixo subscrición. Debes elixir tamén o acordo de publicación correcto e seleccionar e firmar a licenza.