Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

Elsevier

As tres universidades galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC e a editorial Elsevier ata o ano 2028 que permite a lectura da colección de revistas incluídas en ScienceDirect e a publicación en acceso aberto nas revistas híbridas da Freedom Collection. Quedan excluídos do acordo de publicación os seguintes títulos: Lancet, Cell e Clinics.

Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo/CISUG.

Características do acordo

  • Tipoloxía documental: artigo de investigación: article, reviews
  • Tipoloxía de fonte: revistas híbridas
  • Cobertura temporal: data de aceptación do artigo ata o 31/12/2028
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC en revistas híbridas
  • Cobertura de número de artigos: número ilimitado
  • Tipos de licenza: creative commons CC-BY, CC-BY-NC-ND

Instrucións para as/os autoras/es

  1. O/a autor/a de correspondencia recibe un correo despois da aceptación do artigo cunha ligazón para seleccionar as opcións de publicación. Para iso hai que premer na opción Complete the Rights and Access Information Form.
  2. No seguinte paso, selecciona os datos de filiación no despregabre.
  3. Engade os datos e filiación dos/as co-autores/as.
  4. A continuación, completa os datos da entidade financiadora.
  5. Selecciona a opción Gold Open Access e a licenza Creative Commons.
  6. Finalmente, elixe o status do/da autor/a de correspondencia e asina o contrato, o cal se presenta para a súa aceptación.