Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

ACM, Association for Computing Machinery

ACM

A Biblioteca da Universidade de Vigo asinou un acordo con ACM, Association for Computing Machinery para 2023-2025 que permite a lectura da colección de revistas de ACM, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas e nas revistas Gold OA da editorial. 

Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo.

Características do acordo para publicar en acceso aberto:

  • Tipoloxía documental: artigo de investigación, artigo curto, artigo de revisión, artículo de enquisa, nota técnica, titorial, entrevista, nota
  • Tipoloxía de fonte: revistas de acceso aberto dourado (Gold OA) e revistas híbridas (revistas de subscrición con opción de acceso aberto)
  • Cobertura temporal: a data de aceptación do artigo debe estar comprendida entre o 1/1/2023 e o 31/12/2025
  • Cobertura do custo do APC: 100% do custo do APC
  • Cobertura de número de artigos: número ilimitado
  • Tipos de licenza: Creative Commons CC-BY 4.0 ou CC-BY-NC-ND
LISTAXE DE REVISTAS ELIXIBLES: revistas híbridas e Gold OA

Instrucións para autoras/es

  1. Unha vez que o teu traballo foi aceptado, se o corresponding author está correctamente identificado co correo electrónico da Universidade de Vigo, recibirá una mensaxe de ACM cun enlace ao formulario de eRights (plataforma para autores/as de ACM).
  2. Comproba o formulario para confirmar que os datos de edición do artigo son os correctos. Preme en Verificar e Continuar.
  3. A continuación, accede ao formulario de dereitos, onde por defecto aparecerán os dereitos de acceso aberto cubertos polo acordo coa institución e a licenza CC-BY4.0. A licenza pódese cambiar pola CC-BY-NC-ND4.0. Preme en Continuar.
  4. Aparecerá unha pantalla-resumo cos detalles dos permisos de publicación. Preme en Submit e recibirás unha mensaxe de confirmación por parte de ACM.

Ligazóns de interese