
As tres universidades galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC coa editorial IEEE que permite a lectura da colección de revistas incluídas en IEEEXplore, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas do catálogo de IEEEXplore, excepto 29 revistas "Non OA" nas que a sociedade editora non contempla a publicación en Acceso Aberto. O acordo tamén inclúe un 20% de desconto nas APC das revistas Fully OA.
Características do acordo
Para garantir un procesamento preciso, asegúrate de elixir o nome da túa institución e de utilizar o teu correo electrónico institucional durante o envío.