
SCOAP3 (Sponsoring Consortium for Open Access Publishing in Particle Physics) é un proxecto de física de altas enerxías impulsado polo CERN, no que participan máis de 3000 bibliotecas, centros de investigación, consorcios, axencias de financiamento e editores científicos como IOP, Springer ou Elsevier.
A través da achega que fan as organizacións que participan no proxecto, SCOAP3 paga de maneira centralizada aos editores os custos involucrados en proporcionar acceso aberto, liberando os autores/as de asumir eses custos.
Características do acordo
O persoal investigador da Universidade de Vigo pode acceder en acceso aberto e gratuíto a artigos de revistas subscritos polas institucións participantes e, ademais, pode publicar nelas sen pagar as APC e mantendo o seu copyright. Todos os artigos publícanse baixo licenzas CC-BY.

Imaxe: SCOAP3 Journals
No proceso de envío, é recomendable que inclúas o teu identificador ORCID.
Todos os artigos publicados baixo este consorcio SCOAP3 aparecen no repositorio de SCOAP3 para a súa posterior distribución.