
As tres universidade galegas, a través do CISUG, participan no acordo asinado entre a CRUE-CSIC e a editorial RSC, Royal Society of Chemistry para o período 2023-2025, que permite a lectura da colección de revistas de RSC, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas e en 4 revistas Gold OA da editorial.
Os/as autores/as deben engadir, no apartado "Funding" ou "Acknowledgements" do artigo, a frase: Funding for open access charge: Universidade de Vigo/CISUG.
Características do acordo
Cando o artigo sexa aceptado, recibirás un correo electrónico cunha ligazón de acceso ao sistema de RSC.