Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Acordos editoriais para publicar en acceso aberto

Editoriais con descontos

  • Aplícase o 100% de desconto do custo do APC nas revistas híbridas, nos casos dos acordos transformativos negociados por unha banda a nivel estatal pola CRUE/CSIC coas editoriais Wiley, Springer, ACS, IEEE y RSC; e, por outra, a nivel galego, polo CISUG, en representación das tres universidades galegas, con Cambridge University Press e Oxford University Press. Algunhas destas editoriais, poden establecer descontos para publicar en revistas Full OA. Algunhas destas editoriais establecen límites por universidade ata esgotar os fondos adxudicados.
  • No caso de ACM e SCOAP3 aplícase o 100% de desconto do pago do APC.
  • A editorial MDPI aplica un 10% de desconto por ser autor/a da Universidade de Vigo.

A continuación, podes consultar polo miúdo cada un destes acordos, as súas características e a listaxe de revistas elixibles para publicar en acceso aberto.