Cando citamos nomes de grupos que actúan como autores (institucións, asociacións, corporacións etc.) escríbese o nome completo desenvolvido. Se ademais ten unhas siglas ou acrónimo polas que é coñecido, pódese escribir a primeira vez o nome completo seguido da abreviatura e as seguintes veces só as siglas. Por exemplo:
- Cita entre paréntese:
1ª cita: (Servizo Galego de Saúde [SERGAS], 2019)
Seguintes citas: (SERGAS, 2019)
- Cita narrativa:
1ª cita: O Servizo Galego de Saúde (SERGAS, 2019) recomenda ....
Seguintes citas: SERGAS (2019)
* Nota: na lista de referencias ponse sempre o nome completo.