Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Pautas xerais

Póñense só os apelidos, agás cando nun traballo citamos obras de autores diferentes que teñen os mesmos apelidos; neste caso engádense as iniciais dos nomes para distinguilos:

(García Salgado, 2021)

R. Smith (2015) descubriu que... Outros investigadores discrepan na interpretación deses datos, por exemplo M. Smith (2018)

Citar varios traballos do mesmo autor

Ordénanse cronoloxicamente polos anos de publicación separados por comas. Se a data de publicación é tamén a mesma, engádese unha letra minúscula para diferencialos tanto no texto coma na lista de referencias:

Nas últimas décadas tanto no contexto internacional como nacional, son moitas as voces (Griebel, 2000, 2004) que profundan nos procesos de cambio.. 

Poucos estudos combinan diferentes perspectivas (Merelo, 2012a, 2012b, 2012c).

2 autores

Cítanse ambos os dous autores unidos pola conxunción correspondente na lingua de redacción do documento (se esta é o inglés recoméndase utilizar "&", agás nas citas narrativas que se usará "and"):

Fernández Laxe e Moure García (1997)

3 ou máis autores

Cítase o primeiro autor/a seguido de “et al.”:

(González Mosquera et al., 2014)
González Mosquera et al. (2014)

Cando traballos con tres ou máis autores comparten o apelido do primeiro ou primeiros autores e o ano de publicación, engadiremos tantos autores subseguintes como sexa necesario para distinguir as referencias e desfacer a ambigüidade:

Sánchez, Rovira, Álvarez, et al. (2018)
Sánchez, Rovira, Besada, et al. (2018)

Múltiples fontes de diferentes autores

Ordénanse  alfabeticamente separadas por punto e coma se van na mesma paréntese, pero non se precisa respectar ningunha orde se a cita é narrativa:

Pocos estudios combinan diferentes perspectivas con el fin de obtener una panorámica general de todos los agentes implicados (Fontil, 2014;  Petrakos, 2018; Recchia e Dvorakova, 2012).