Autor. (Ano de publicación). Título do artigo. Título da Revista en Cursiva, volume en cursiva(número), páxinas. DOI ou URL con acceso ao artigo
- O título da revista vai en cursiva coa primeira letra das palabras en maiúsculas.
- O número de páxinas do artigo non vai precedido das abreviaturas "p." ou “pp”. Se o artigo non ten un rango de páxinas pero ten un número, inclúese a palabra "artigo" e despois o número de artigo no lugar das páxinas.
- Nos documentos con DOI este inclúese sempre. Se un traballo ten DOI e URL, inclúese só o DOI. O formato será https:// doi. org/ xxxxx, con hipervínculo e non leva punto ao final.
- Se o artigo non ten DOI pero ten unha URL que permita ao lector acceder ao texto completo, inclúese a URL do artigo ao final da referencia.
- Se un artigo non ten DOI e procede dunha base de datos académica, a referencia remata despois do rango de páxinas (agás que proceda dunha base de datos que publique obras de circulación limitada ou contido orixinal).
Exemplos:
Queiruga-Dios, M. A., López-Iñesta, E., Diez-Ojeda, M., Sáiz-Manzanares, M. C. e Dorrío, J. B. (2020). Citizen science for scientific literacy and the attainment of sustainable development goals in formal education. Sustainability, 12(10), Artigo 4283. https://doi.org/10.3390/su12104283
Ocampo Gómez, C. I., Caeiro González, M. e Sarmiento Campos, J. A. (2012). Las TIC y la funcion tutorial en la etapa de educación infantil: La opinión del profesorado en los centros públicos del sur de Galicia. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 23(2), 60-78. https://doi.org/10.5944/reop.vol.23.num.2.2012.11418