No caso de datos ou estatísticas publicadas cítase a fonte na que se publicaron os datos (artigo de revista, informe, páxina web etc.) e non o propio conxunto de datos.
Os conxuntos de datos (data sets) cítanse cando se realizou unha análise secundaria de datos arquivados publicamente ou de datos propios que se presentan por primeira vez no traballo.
Autor. (Data). Título do conxunto de datos (Identificador númerico; Versión) [Conxunto de datos]. Editorial ou fonte dos datos. URL con acceso aos datos
- A data é o ano de publicación da versión dos datos empregados.
- Calquera identificador numérico e número de versión dos datos vai despois do título, entre parénteses e sen cursiva, separados por un punto e coma, e a continuación entre corchetes a descrición segundo os elementos asociados, por exemplo: [Conxunto de datos], [Conxunto de datos e libro de códigos] etc.
- Na fonte indicarase quen publicou os datos.
Exemplo:
O’Donohue, W. (2017). Content analysis of undergraduate psychology textbooks (ICPSR 21600; Version V1) [Conxunto de datos]. ICPSR. https://doi.org/10.3886/ICPSR36966.v1