Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

APA é o estilo de normas de citación da American Psychological Association empregadas no campo da psicoloxía, pero o seu uso estendeuse a outros campos das ciencias sociais.

Esta guía está baseada na 7ª edición do manual oficial da APA, ofrécense unhas pautas básicas sobre como citar no texto e elaborar as referencias bibliográficas dos documentos máis comunmente consultados (artigos de revistas, libros, capítulos de libros, páxinas web etc.).