Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Elaboración de referencias

A forma de redactar as referencias bibliográficas varía segundo o tipo de documentos, que APA clasifica en catro grupos: textuais, materiais audiovisuais, medios en liña e data set. Non obstante, todas as referencias constan de catro elementos e nesta orde: autor, data, título e fonte. Despois de cada un destes elementos vai un punto, agás despois dun DOI ou URL, porque pode interferir na funcionalidade do enlace.

Os datos do documento citado transcríbense na forma e idioma no que aparecen, pero algúns elementos irán na lingua de redacción do noso traballo. Ademais, na redacción das referencias poden utilizarse as seguintes abreviaturas:

abreviaturas APA