Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Referencias de artigos de periódicos

Autor. (Data completa de publicación). Título do artigo. Título do periódico, páxinas.
  • Na versión impresa indícanse despois do título do periódico as páxinas do artigo (sen cursiva e sen as abreviaturas "p." ou “pp”.).

Exemplo:  

Torres, R. (9 de xaneiro de 2003). The Internet generation. The New York Times, 4-6.

Autor. (Data completa de publicación). Título do artigo. Título do periódico. URL con acceso ao artigo
  • Se o artigo é dun periódico en liña que ten unha URL que permite aos lectores acceder ao artigo, inclúese a URL do artigo ao final da referencia.
  • Se o artigo é dun sitio web de noticias que non ten un periódico asociado (por exemplo: CNN, HuffPost), a referencia elabórase como se fose unha páxina web nun sitio web de noticias.

Exemplo:  

Íñiguez, B. (17 de outubro de 2017). Los portugueses dicen basta ante una ola de incendios que dejó 38 muertos en tres días. La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/10/17/portuguese s-dicen-basta-ante-ola-incendios-dejo-38-muertos-tresdias/0003_201710G17P14991.htm