Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Referencias de libros

Autor. (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. Editorial.
  • A información sobre a edición vai entre paréntese despois do título e sen cursiva.
  • Na 7ª edición de APA non se inclúe a localización do editor.

Exemplos:

González Reino, W. J. (2009). Evolucionismo: Darwin y enfoques actuales. Netbiblio.

Jackson, L. M. (2019). The psychology of prejudice: From attitudes to social action (2ª ed.). American Psychological Association.

Autor. (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. Editorial. DOI ou URL con acceso
  • A información sobre a edición vai entre paréntese despois do título e sen cursiva.
  • Na 7ª edición da APA non se inclúe a localización da editorial.
  • Se o libro ten DOI inclúese este despois da editorial.
  • Se é un libro electrónico dunha base de datos académica e non ten DOI, remata a referencia despois do nome da editorial (non se inclúe información da base de datos na referencia).

Exemplos:

Maquilón Sánchez, J. J., Izquierdo Rus, T. e Gómez Carrasco, C. J. (Coords.). (2012). Experiencias de Investigación en Educación Infantil y Educación Primaria. Ediciones de la Universidad de Murcia. https://doi.org/10.6018/editum.2764

Jackson, L. M. (2020). The psychology of prejudice: From attitudes to social action (2ª ed.). American Psychological Association. https://doi.org/10.1037/0000168-000