Se se menciona un sitio web en xeral e non unha información concreta do sitio non hai que crear unha referencia nin citalo no texto, só hai que mencionar o nome no texto e engadir a URL entre paréntese.
Páxina web nun sitio web de noticias
Autor. (Data completa de publicación). Título do artigo en cursiva. Nome do sitio web de noticias. URL con acceso ao contido
- Este formato úsase para artigos dun sitio web de noticias que non teñen diarios nin semanais asociados (por exemplo: CNN, BBC News, Reuters etc.).
- Para artigos de periódicos como El País, Faro de Vigo, The New York Times etc., ver o punto correspondente no apartado de "Artigos de periódicos".
Exemplo:
Woodyatt, A. (10 de setembro de 2019). Daytime naps once or twice a week may be linked to a healthy heart, researchers say. CNN. https://www.cnn.com/2019/09/10/health/nap-heart-health-wellness-intl-scli/index.html
Páxina nun sitio web con autor individual
Autor. (Data completa). Título do contido ou parte da páxina web en cursiva. Nome do sitio web. URL con acceso ao contido
- Cando na páxina web aparece un autor individual este figurará como autor na referencia, e o nome do sitio web vai no elemento fonte.
- Na data proporciónase a máis específica posible; se hai unha claramente atribuíble ao contido concreto que se cita, ponse esta no lugar da do sitio web en xeral (non se pon a data de revisión).
Exemplo:
Giovanetti, F. (16 de novembro de 2019). Why we are so obsessed with personality types. Medium. https://medium.com/the-business-of-wellness/why-we-are-so-obsessed-with-personality-types-577450f9aee9
Páxina nun sitio web con autor gobernamental
Axencia específica. (Data completa). Título do contido ou parte da páxina web en cursiva. Axencia superior. URL da páxina
- Unha páxina nun sitio web do goberno sen autores individuais ponse coma autor a axencia específica responsable da páxina web, e na fonte a axencia ou organismo de nivel superior.
- Se existe unha data de actualización atribuíble ao contido específico, úsase esta e non a do sitio web en xeral (non se pon a data de revisión).
Exemplo:
National Institute of Mental Health. (Xullo de 2018). Anxiety disorders. U.S. Department of Health and Human Services, National Institutes of Health. https://www.nimh.nih.gov/health/topics/anxiety-disorders/index.html
Páxina nun sitio web dunha organización como autor
Organización. (Data completa). Título do contido ou parte da páxina web en cursiva. URL da páxina
- Unha páxina nun sitio web dunha organización sen autores individuais ponse o nome da organización como autor, e omítese o nome do sitio no elemento fonte para evitar a repetición (xa que o autor da páxina web e o nome do sitio son os mesmos).
- Na data proporciónase a máis específica posible; se hai unha claramente atribuíble ao contido concreto que se cita, ponse esta no lugar da do sitio web en xeral (non se pon a data de revisión).
Exemplo:
World Health Organization. (24 de maio de 2018). The top 10 causes of death. https://www.who.int/news-room/fact-sheets/detail/the-top-10-causes-of-death