- Escríbense comezando polos apelidos, despois unha coma e as iniciais do nome seguidas dun punto cada unha e separadas entre elas por un espazo:
Gómez Carrasco, C. J.
- Os apelidos do autor póñense tal e como aparecen na obra publicada, incluíndo apelidos con guión:
Goldin-Meadow, S.
- Ata 20 autores: inclúense todos separados por comas, e o último autor engádese coa conxunción e / y / & (segundo a lingua que empreguemos):
Lorenzo Souto, C. M., Rodríguez ALvárez, M., Veiro Salgado, L. e Novoa Pazos, J.
- 21 ou máis autores: inclúense os 19 primeiros separados por comas, despois tres puntos suspensivos e a continuación engádese o último autor/a (sen conxunción):
Wiskunde, B., Arslan, M., Fischer, P., Nowak, L., Van den Berg, O., Coetzee, L., Juárez, U., Riyaziyyat, E., Wang, C., Zhang, I., Li, P., Yang, R., Kumar, B., Xu, A., Martínez, R., McIntosh, V., Ibáñez, L. M., Mäkinen, G., Virtanen, E., . . . Kovács, A.
- Algunhas funcións como responsables da obra (editores, coordinadores de libros, directores etc.) indícanse coa abreviatura correspondente, e no caso de varios autores coa mesma función ponse a abreviatura en plural ao final de todos eles:
Huges, J. (Ed.).
Maquilón Sánchez, J. J., Izquierdo Rus, T. e Gómez Carrasco, C. J. (Coords.).
- Nas institucións, entidades ou grupo de autores escríbese o nome completo e non se inclúe ningunha abreviatura:
Servizo Galego de Saúde
- Cando figuran varios organismos gobernamentais ponse como autor ao organismo máis específico e o principal ponse como editor no elemento fonte. No caso de que o autor e o editor sexan o mesmo omitirase o nome no elemento fonte:
National Cancer Institute. (2019). Taking time: Support for people with cancer (NIH Publication No. 18-2059). U.S. Department of Health and Human Services, National Institutes of Health. https://www.cancer.gov/publications/patient-education/takingtime.pdf
- Se un traballo carece de autor, o título móvese á posición do autor seguido de punto e o ano de publicación entre paréntese:
Generalized anxiety disorder. (2019).
Pero cando se identifique un traballo como anónimo usarese ese termo no lugar do autor:
Anónimo. (1840).
- Vai entre paréntese despois do autor/a:
Barsanti, M. J. (2016).
- Na maioría das referencias ponse só o ano, pero nalgúns casos (artigos de xornais, vídeos de YouTube, posts de medios sociais etc.) ponse doutras formas: día, mes e ano; mes e ano etc.:
Marquina, J. (27 de febreiro de 2013). El community manager bibliotecario o el bibliotecario encargado de la web social [Vídeo]. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=MbEleVaNJIc
- Se non aparece a data escribiremos as abreviaturas "s.d.", "s.f.", dependendo da lingua que estemos empregando.
- Un traballo aceptado para a súa publicación pero aínda sen publicar, escríbese “en prensa” (in press) en lugar do ano de publicación.
No caso de traballos en liña que teñen data de actualización, esta debe incluírse na referencia se é claramente atribuíble ao contido específico que se cita. Nunca se indica a data da última revisión, xa que pode que ese contido non cambiara.
- A data de recuperación só se inclúe cando unha obra pode cambiar co tempo (por exemplo, a entradas de dicionarios en liña), e ponse despois dos datos da fonte co seguinte formato: Recuperado día de mes de ano, de URL. Por exemplo:
Real Academia Española. (s.d.). Plagio. En Diccionario de la Lengua Española. Recuperado 16 de xuño de 2020, de https://dle.rae.es/plagio
Refírese ao título do traballo citado, e pode ser:
a) A cita dun documento completo: libros, informes, teses, vídeos, películas, posts de medios sociais, páxinas e sitios webs etc. Nestes casos o título vai en cursiva:
Munro, A. (2012). Demasiada felicidad. Debolsillo.
b) A cita dunha parte dun documento: cando forma parte dun todo maior como os artigos de revista, os capítulos de libros etc. Nestes casos o título do artigo ou capítulo ponse no elemento do título da referencia, e o título da revista ou libro ponse no elemento fonte en cursiva:
Mosquera, E. e Wellings M.P. (2014). Os códigos lingüísticos da rede e a paisaxe lingüística galega. Estudos de Lingüística Galega, (6), 73-17.
Nalgúns casos despois do título indícase o tipo de documento entre corchetes, por exemplo:
[Software de ordenador], [Tese de doutoramento], [Fotografía], [Nota de prensa], [Vídeo] etc.
O formato da fonte varía segundo a cita corresponda a unha obra completa ou a unha parte:
- Nas obras completas a fonte é o editor, sitio web etc., e vai en letra normal.
- Nas partes de obras a fonte é a obra global que a contén, e escríbese en cursiva algunhas partes da fonte.
No caso de fontes electrónicas:
https://doi.org/10.1037/0000168-000