Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Referencias de actas de congresos publicadas

As actas de congresos publicadas seguen o mesmo formato que a forma de publicación: artigo da revista, libro ou capítulo de libro. Por exemplo:

a) Actas publicadas nunha revista:

Duckworth, A. L., Quirk, A., Gallop, R., Hoyle, R. H., Kelly, D. R., e Matthews, M. D. (2019). Cognitive and noncognitive predictors of success. Proceedings of the National Academy of Sciences, USA, 116(47), 23499–23504. https://doi.org/10.1073/pnas.1910510116

b) Actas publicadas coma libro:

Kushilevitz, E., e Malkin, T. (Eds.). (2016). Lecture notes in computer science: Vol. 9562. Theory of cryptography. Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-662-49096-9

c) Actas publicadas coma capítulo de libro:

Bedenel, A.-L., Jourdan, L., e Biernacki, C. (2019). Probability estimation by an adapted genetic algorithm in web insurance. En R. Battiti, M. Brunato, I. Kotsireas, & P. Pardalos (Eds.), Lecture notes in computer science: Vol. 11353. Learning and intelligent optimization (pp. 225–240). Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-030-05348-2_21

Presentacións a congresos non publicadas

Os congresos, conferencias, simposios ou seminarios producen varios tipos de materiais como comunicacións, presentacións, pósteres etc. Aínda que estes materiais se presenten en liña non se consideran publicados formalmente.

Autor da presentación. (Datas completas de celebración). Título da presentación [Tipo de presentación ou contribución]. Nome do Congreso, Localización. URL con acceso á presentación
  • A data será a da duración de todo o congreso, independentemente de cando fose a intervención.
  • Engádese unha descrición do tipo de presentación entre corchetes despois do título.

Exemplo:

Ryan, S. L. (2019, abril 10–14). Classic period projectile point traditions in Sutheastern Arizona [Póster]. Society for American Archaeology, Albuquerque, NM, United States. https://www.archaeologysouthwest.org/free-resources/conference-posters/