Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Referencias de capítulos de libros

Autor do capítulo. (Ano de publicación). Título do capítulo ou contribución. En Autor do libro (Ed., Coord. etc.), Título do libro en cursiva (páxinas do capítulo). Nome da editorial.
  • Na 7ª edición de APA non se inclúe a localización da editorial.
  • Calquera información relativa á edición vai na mesma paréntese do rango de páxina do capítulo, separada por unha coma.

Exemplos:

Barsanti, M. J. (2016). Reflexiones sobre las entradas y equivalencias alemanas en un diccionario plurilingüe de marketing, publicidad y comunicación. En C. Valcárcel e T. Silva (Eds.), Escritos sobre lexicografía plurilingüe especializada (pp. 59-65). Comares.

Lorah, E. R. e Tincani, M. (2019). Verbal behavior intervention in autism spectrum disorders. En S. G. Little e A. Akin-Little (Eds.), Applying psychology in the schools book series. Behavioral interventions in schools: Evidence-based positive strategies (2ª ed., p. 263–284). American Psychological Association. 

Autor do capítulo. (Ano de publicación). Título do capítulo ou contribución. En Autor do libro (Ed., Coord. etc.), Título do libro en cursiva (páxinas do capítulo). Nome da editorial. DOI ou URL con acceso
  • Na 7ª edición de APA non se inclúe a localización da editorial.
  • Calquera información relativa á edición vai na mesma paréntese do rango de páxina do capítulo, separada por unha coma.
  • Se o libro ten DOI inclúese este despois da editorial.
  • Se o libro non ten DOI e é un libro electrónico dunha base de datos académica, a referencia remata despois do nome da editorial (non se inclúe información da base de datos na referencia).

Exemplos:

Irwin, C. e Axe, J. B. (2019). Overview of applied behavior analysis and early intervention for autism spectrum disorder. En S. G. Little e A. Akin-Little (Eds.), Applying psychology in the schools book series. Behavioral interventions in schools: Evidence-based positive strategies (p. 205–226). American Psychological Association. https://doi.org/10.1037/0000126-012

Lorah, E. R. e Tincani, M. (2019). Verbal behavior intervention in autism spectrum disorders. En S. G. Little e A. Akin-Little (Eds.), Applying psychology in the schools book series. Behavioral interventions in schools: Evidence-based positive strategies (2ª ed., p. 263–284). American Psychological Association. https://doi.org/10.1037/0000126-015