Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo APA

Referencias de documentos audiovisuais

Inclúen documentos sonoros coma música e gravacións de voz, documentos visuais coma PowerPoint e fotografías, e documentos audiovisuais coma películas, programas de televisión e vídeos de Youtube.

Nos recursos audiovisuais teremos en conta que:

  • En función do tipo de documento o responsable da obra será diferente: director, produtor executivo, compositor etc.
  • Hai que proporcionar unha descrición do tipo de documento entre corchetes a continuación do título: [Película], [Serie de televisión], [Audio en podcast] etc.
  • No elemento fonte indicarase o nome da compañía produtora da película ou serie de televisión, o sitio onde se aloxa o vídeo, o selo discográfico, o museo onde se atopa a obra etc.

Tipos documentos audiovisuais

Nome da conta. (Data). Título do vídeo en cursiva [Vídeo]. YouTube. URL específica do vídeo 
  • Acredítase como autor a persoa ou grupo que subiu o vídeo, aínda que non crease o traballo. Se a conta non creou a obra e é importante que os lectores o saiban, explícase no texto.
  • A data será na que se subiu o vídeo.

Exemplo:

Marquina, J. (27 de febreiro de 2013). El community manager bibliotecario o el bibliotecario encargado de la web social [Vídeo]. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=MbEleVaNJIc 

Autor (Director). (Data). Título da película en cursiva [Película]. Produtora. 

Exemplo:

Jeunet, M. P. e Caro, M. (Directores). (2002). Delicatessen [Película]. Universal Pictures International.

Autor (Produtor executivo). (Datas). Título da serie en cursiva [Serie de televisión]. Produtora. 

Exemplo:

Ibáñez Serrador, N. (Produtor executivo). (1966-1982). Historias para no dormir [Serie de televisión]. Radio Televisión Española.

Autor (Función). (Data). Título do podcast [Tipo de podcast]. Produtora. URL 
  • O presentador/a aparecerá como autor e indicarase a función entre paréntese. Ademais, se se coñece, poden incluírse ás persoas que realizan a produción executiva e indicarase a súa función entre paréntese.
  • Hai que especificar o tipo de podcast (audio ou vídeo) entre corchetes.
  • Se se descoñece a URL porque se accede a través dunha aplicación, omítese a URL. 

Exemplo:

Galilea, C. (Presentador). (2008-presente). Cuando los elefantes sueñan con la música [Audio podcast]. Radio3. https://www.rtve.es/alacarta/audios/cuando-los-elefantes-suenan-con-la-musica/