Web of Science ten incorporada a posibilidade de exportar os datos das publicacións, congresos e patentes en formato CVN así como das citas e das métricas de impacto asociadas a esas publicacións.
Para facelo desde o perfil de investigador, na pestana "Documentos" selecciona as publicacións que queres exportar e preme en FECYT CVN.

Podes descargar o Curriculum vítae normalizado en formato PDF.