Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

ResearcherID e perfil de autor/a en WOS

Buscar perfís duplicados

A xestión do Web of Science Researcher Profile é tarefa de cada autor/a. Mantendo un perfil actualizado terás as publicacións correctamente identificadas en WOS, farás un seguimento do reconto de citas e poderás consultar os teus indicadores bibliométricos.

Verifica se xa tes un perfil asociado á túa conta de usuario/a:

Se tes conta de usuario/a nalgún dos produtos de Clarivate (WOS, Endnote, ESCI ou InCites), entra na Web of Science e inicia sesión para verificar se xa existe un perfil verificado asociado á túa conta de correo. Se na páxina de inicio, debaixo da caixa de busca, ves unha mensaxe de "benvida", quere dicir que xa tes un perfil de investigador/a reclamado vinculado a esa conta de Web of Science que podes abrir e editar. Non crees outro perfil para evitar duplicados.

Imaxe: mensaxe de benvida na páxina de inicio de Web of Science

Busca perfís duplicados ou sen verificar: 

Se non sae a mensaxe de "Benvida", pode que teñas un perfil verificado (con sinal verde) asociado a outra conta de WOS, ou que teñas un perfil sen verificar (creado automaticamente por WOS). Compróbao antes de crear un perfil. Para iso, preme na pestana Investigadores e busca o teu nome de varias formas para intentar localizar todas as variantes posibles (un ou dous apelidos, nome completo ou con iniciais etc.). Se nos resultados da busca, localizas un ou varios perfís que se corresponden coa túa identidade (nome, institución, obras...) non podes crear un novo.

Imaxe: busca de investigadores/as en Web of Science

É importante que fagas estas comprobacións para evitar crear perfís duplicados. Se tes máis dun perfil, tes que unificarlos. Consulta como facelo premendo no menú da esquerda desta guía en "Fusionar perfís de autor/a".