Se queres eliminar unha ou varias publicacións, entra no teu perfil de investigador/a e na parte superior preme en "Enviar una corrección" para abrir o formulario de corrección de rexistro de autor/a.

Imaxe: perfil de investigadora en WOS
Enche o formulario de corrección de rexistro de autor/a e preme en "Siguiente: Revisar publicaciones"

Imaxe: formulario de corrección do rexistro de autor/a
Revisa as publicacións e selecciona aquela ou aquelas que non son da túa autoría. Preme en "Eliminar" ou en "Eliminar elementos seleccionados" segundo corresponda. Podes utilizar os filtros do menú lateral para refinar os resultados da busca.

Imaxe: formulario de corrección do rexistro de autor/a
Confirma os cambios antes de enviar as correccións.

Clarivate revisará esa petición e, pasados uns días, eliminará esas publicacións do teu perfil verificado.